martes, 16 de abril de 2024

EN ABRIL, MES DOS LIBROS, LEMOS E RECOMENDAMOS:

Un ano máis, neste mes de abril, queremos ter presente de xeito especial a lectura. Por iso, pedímosvos encher este muro con cubertas de libros dicíndonos o título, autor/a, lector/a e escribindo a vosa recomendación. Por suposto, pode ser en calquera idioma!

Animamos ao alumnado e ás familias. Só tedes que picar no símbolo + e seguir as instruccións.

Enchamos o mundo de lecturas!

 

No Día do Libro saímos ler á Praza de Pablo Iglesias e aproveitamos para entregar un marcapáxinas ás persoas que pasaban pola rúa, aos establecementos próximos, Biblioteca Municipal, etc.

Foi unha experiencia estupenda!

DÍA DO LIBRO 2024 de CEIP Fernández Latorre

xoves, 11 de abril de 2024

NA BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

Este curso tamén realizamos diferentes visitas á Biblioteca do Castrillón, a nosa veciña. Como sempre, todas resultaron xenial!

Dámoslles as grazas ás persoas traballadoras desa Biblioteca, porque sempre nos tratan con moitísimo mimo e preparan actividades que nunca defraudan e nos enchen de enerxía e de moi bos momentos. 

Grazas!

 

venres, 1 de marzo de 2024

MARZO, MES DE MULLERES

Poñemos aquí unha serie de recursos e actividades para este mes de marzo, no que o día 8 se celebra o Día Internacional da Muller. 

Remexede por cada unha das interactividades e seguro que descubriredes mulleres moi interesantes.

venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía, o Centro participou nunha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que consistiu en facer un collage a partires dun poema dela (para Educación Infantil e o 1º Ciclo de Primaria) e crear poemas seguindo a estrutura de "Adios, ríos, adiós, fontes" (para o 2º e o 3º Ciclo de Primaria).

Foi unha actividade moi enriquecedora e produtiva, que podedes ver aquí.

MULLERES DE HOXE E DE SEMPRE

Made with Padlet

mércores, 20 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL 2023

 Aproveitade estes días de lecer para desfrutar da lectura, ese mundo con posibilidades infinitas que te agarda só abrindo un libro.

Poñéndote sobre cada estrela que parpadea, poderás ir á páxina que prefiras. Alí, preme sobre cada título e atoparás máis información.

Moi Bo e Lector Nadal!

luns, 11 de decembro de 2023

VISITAS E DEDICATORIAS

Deixamos aquí unha recompilación das dedicatorias que nos escribiron diferentes persoas do mundo da literatura que nos visitaron (autores/as, ilustradores/as, contacontos, etc.). Nalgunhas delas podemos acceder a traballos que se realizaron co alumnado e/ou a entrevistas que se lles fixeron.

Esperamos que desfrutedes con elas, porque son unha verdadeira marabilla.

domingo, 3 de decembro de 2023

DIS CAPACIDADE? DIFERENTES DIFERENZAS

 O 3 de decembro celébrase o Día das persoas con  Discapacidade (ou Diversidade Funcional). 

Todos e todas temos distintas capacidades, como din a canción  e o libro, "Diferentes Diferenzas",  de Silvia Penide: "diferentes diferenzas van sumando" . 

Deixámosvos aquí unhas propostas de lecturas e vídeos para concienciar e traballar este tema e unha presentación do traballo realizado polo alumnado de 4º de Primaria, propoñendo un reto a toda a comunidade educativa.

 

A linguaxe Braille de Virginia Pato Alonso