O 15 de outubro e anticipándonos á celebración do Día das Bibliotecas, repartimos un curso máis as mochilas viaxeiras. Estas mochilas conteñen libros, revistas e DVDs para que cada alumno os disfrute durante unha semana con toda a súa familia. Para chegar dúas veces a cada casa ao longo do curso , cada clase dispón de dúas mochilas, en total 36 para todo o Colexio.
Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que novamente disfrutedes todos desta iniciativa de fomento da lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario