venres, 10 de maio de 2013

CONTAVENRES: "ROSA CARAMELO"

 

Rosa Caramelo, escrito por Adela Turín, mostra aos máis pequenos que a igualdade é necesaria para medrar en liberdade. Por que as elefantas teñen que ser rosas e os elefantes grises? Por que teñen que comer flores amargas? Para ser máis bellas? Quen decide que é bello e que non o é? Os nenos e as nenas teñen que verse  iguais e, como tales, teñen que desenvolverse.
Este é o argumento do conto que elixiron Clara e Sheila de 4ºA para o día do conto deste venres 10 de maio.
Utilizaron unha presentación de powerpoint para ilustrar as súas voces.
Deixámosvos unhas fotos do momento.
 

 ROSA CARAMELO

Ningún comentario:

Publicar un comentario