O 21 de xaneiro tivemos a sorte de ter connosco a Manolo Rivas.
Falamos do seu libro "O raposo e a mestra" (e doutros moitos) e pasámolo moi ben con el.
Fixemos un pequeno libro cos nosos traballos.
Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario