venres, 20 de abril de 2018

CONTAVENRES: "TOMÁS O BROMISTA"

 Hoxe, antesala do Día Internacional do Libro, Eva, Martina e Paula, de 3º B, leron "Tomás o bromista", un texto de Jorge Rico, que conta a historia dun rapaz ao que lle encanta gastarlle bromas aos demais, ata que un bo día...                   ...ocorre algo inesperado.

Fixérono moi ben e só podemos dicirlles que sigan así, sendo grandes "contadoras", así que, moitísimas grazas, rapazas!

Sodes estupendas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario