O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Desde aquí invitámosvos a que gravedes audios recitando algún pequeno poema (ou os escribades se preferides) e os enviedes ao correo "osonosnagaiola@gmail.com". Poñerémolos para que os demais poidan escoitalos. Non ten que ser hoxe. É mellor ir facéndoo pouco a pouco, cando atopemos algo que nos guste. Cando gravedes dicide primeiro o voso nome e curso. Despois o título do poema (se o ten) e a recitar! A ver se se anima alguén!
Pois aquí temos a primeira. Grazas, Lucas. Recita un anaco do poema "Parejas" de Gloria Fuertes e propón un reto. Este Lucas!
(Se ao picar non vos deixa ver o vídeo, facede clic no recadro da parte superior dereita; aí non hai problema.)
Agora é Martina quen nos achega un fragmento de "La canción del pirata". Graciñas! Así dá gusto!
Eu tamén quero compartir un poema con vós. Aquí queda.
Bianca envíanos dúas poesías. Recítaas en rumano e como nós non o entendemos explicanos de que fala cada unha.
A primeira é sobre a chuvia, do seu son, do seu ritmo, de como cae sobre todas as cousas. Mirade que bonita!
A segunda poesía que nos manda Bianca fala dunha gatiña que está na finca da avoa. Supoñemos que estará moi feliz pola finca adiante.
Poema "O NENIÑO E O RATIÑO". Moi ben Marco. Grazas por envialo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario