venres, 11 de outubro de 2013

COMEZARON OS CONTAVENRES

O pasado venres 4 de outubro comezamos os "Contavenres" deste curso. O último día da semana escolar, á hora do recreo, na Biblioteca contarase, representarase, proxectarase, etc algunha historia para que o alumnado que o desexe vaia a disfrutar dela.

Comezaron un grupo de alumnas de 5º de EP co libro "O segredo do rei Curro". A asistencia foi moi numerosa e pasámolo moi ben.

Velaquí unha pequena mostra dese momento.



Ningún comentario:

Publicar un comentario