Para homenaxear ás cantareiras, decidimos buscar cancións da tradición oral da nosa terra, ilustralas e interpretalas.
Aquí tedes o resultado. Cada cantiga ten un código qr que conduce a esa interpretación.
Feliz Día das Letras Galegas!
Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario