Poñemos aquí unha serie de recursos e actividades para este mes de marzo, no que o día 8 se celebra o Día Internacional da Muller.
Remexede por cada unha das interactividades e seguro que descubriredes mulleres moi interesantes.
Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Poñemos aquí unha serie de recursos e actividades para este mes de marzo, no que o día 8 se celebra o Día Internacional da Muller.
Remexede por cada unha das interactividades e seguro que descubriredes mulleres moi interesantes.
Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía, o Centro participou nunha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que consistiu en facer un collage a partires dun poema dela (para Educación Infantil e o 1º Ciclo de Primaria) e crear poemas seguindo a estrutura de "Adios, ríos, adiós, fontes" (para o 2º e o 3º Ciclo de Primaria).
Foi unha actividade moi enriquecedora e produtiva, que podedes ver aquí.
Aproveitade estes días de lecer para desfrutar da lectura, ese mundo con posibilidades infinitas que te agarda só abrindo un libro.
Poñéndote sobre cada estrela que parpadea, poderás ir á páxina que prefiras. Alí, preme sobre cada título e atoparás máis información.
Moi Bo e Lector Nadal!
Deixamos aquí unha recompilación das dedicatorias que nos escribiron diferentes persoas do mundo da literatura que nos visitaron (autores/as, ilustradores/as, contacontos, etc.). Nalgunhas delas podemos acceder a traballos que se realizaron co alumnado e/ou a entrevistas que se lles fixeron.
Esperamos que desfrutedes con elas, porque son unha verdadeira marabilla.
O 3 de decembro celébrase o Día das persoas con Discapacidade (ou Diversidade Funcional).
Todos e todas temos distintas capacidades, como din a canción e o libro, "Diferentes Diferenzas", de Silvia Penide: "diferentes diferenzas van sumando" .
Deixámosvos aquí unhas propostas de lecturas e vídeos para concienciar e traballar este tema e unha presentación do traballo realizado polo alumnado de 4º de Primaria, propoñendo un reto a toda a comunidade educativa.
A linguaxe Braille de Virginia Pato Alonso
25 N CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA de CEIP Fernández Latorre
Se desexades coñecer algúns libros relacionados con este tema, picade na seguinte ligazón: LECTURAS POLA IGUALDADE.
Un ano máis deixamos aquí as nosas recomendacións lectoras para este tempo de medo, nas que engadimos algunhas novas ás que xa tiñamos doutros anos.