Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Etiquetas
- 25 N
- ADIVIÑAS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- ANIMACIÓNS
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA MUNICIPAL
- CARTEIS
- CELEBRACIÓNS
- CÓMIC
- CONTACONTOS
- CONTOS COMPARTIDOS
- CONTOS EN FAMILIA
- CREACIÓNS
- DÍA DA BIBLIOTECA
- DÍA DA MULLER
- DÍA DA PAZ
- DÍA DA POESÍA
- DÍA DE ROSALÍA
- DÍA DO CONTO
- DÍA DO LIBRO
- DIVERSIDADE
- ENQUISAS
- ENTREVISTAS
- ENTROIDO
- GUÍAS
- HORA DE LER
- IGUALDADE
- LER NA REDE
- LETRAS GALEGAS
- MAGOSTO
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- MULLER NA CIENCIA
- NOVIDADES
- O PAPAGAIO
- POESÍA
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS
- SAÍDAS
- SAMAÍN
- TEATRO
- TIC - TAC
- VIDEOCONTOS
- VIDEOCUENTOS
- VÍDEOS
- VISITA AUTORES/AS
- XÉNERO
- XOGOS
xoves, 18 de decembro de 2025
Recomendacións para este Nadal
venres, 6 de febreiro de 2009
MANUEL MARÍA E OS SOÑOS NA GAIOLA
Unha das primeiras obras de Manuel María foi este libro de poemas, Os Soños na Gaiola, que da nome a nosa biblioteca.
Se queres máis información sobre o libro e a obra deste gran autor galego preme no seguinte enlace:
INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

O pasado venres 6 de febreiro por fin inauguramos a biblioteca despois das reformas.
Nova imaxen, máis libros, dvds, música, acceso a internet,... unha biblioteca para aprender e disfrutar. Grazas a todos os que o fixeches posible.Ver Fotos
PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA
COLABORADORES: Alumnos de 5º e 6º
SERVICIO DE PRÉSTAMO: Todos os días no horario dos recreos (11h45' a 12h 15') e os venres de 16h a 17h 30'
PRÉSTAMO DE LIBROS PARA BIBLIOTECA DE AULA: O responsable fai unha selección según as peticións dos docentes ou según os temas que se estean a traballar nas aulas. Ademais deste servizo, cada aula dispón dunha sesión semanal para o uso da biblioteca que o titor considere máis oportuno. As horas restantes quedas a disposición de todos para a lectura ou consulta.
OBXECTIVOS XERAIS:
- Ofrecer un soporte continuo de información e orientación. Implicar ao alumnado na súa propia aprendizaxe.
- Desenvolver os hábitos de lectura do alumnado. Fomentar o servicio de préstamo.
- Empregar a biblioteca escolar como recurso didáctico para a realización de múltiples actividades.
- Igualar as oportunidades entre todos os alumnos/as.
ACTIVIDADES:
- Rexistrar e catalogar as novas incorporacións bibliográficas
- Realizar préstamos a profesores/as, alumnos/as, gran grupo, talleres de lectura, etc.
- Orientar e recomendar libros a todos os que o soliciten.
- Desenvolver actividades de animación, xogos, entrevistas, contacontos, etc.
- Empregar o contido da biblioteca como apoio a celebración das diversas conmemoracións e actos lúdicos que se celebran ó longo do curso