Amosando publicacións coa etiqueta IGUALDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IGUALDADE. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de novembro de 2024

POLA IGUALDADE SEN VIOLENCIA

Un ano máis non quixemos deixar de pasar este tempo sen traballar pola igualdade de xénero.
E, como non pode ser de maneira illada, fixémolo coordinándonos con outras entidades, saíndo ao barrio para expoñer a nosa postura ante a desigualdade e a violencia. 
Aquí tedes un resumo do desenvolvido.

25 N POLA IGUALDADE E A NON VIOLENCIA de CEIP Fernández Latorre

mércores, 20 de novembro de 2024

25 N "POLA IGUALDADE SEN VIOLENCIA"

A partires do libro "Artur e Clementina", de Adela Turín iremos realizando diferentes traballos sobre o maltrato e a violencia de xénero.
 

venres, 1 de novembro de 2024

EN NOVEMBRO: FALANDO DE IGUALDADE CADA DÍA.

 Neste mes de novembro, queremos lembrar cada día un texto relacionado coa igualdade de xénero e a non violencia.

Atoparedes lecturas para edades moi diferentes, pero todas teñen en común a defensa da igualdade entre xéneros.

sábado, 25 de novembro de 2023

25N CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

Este ano, tamén quixemos sumarnos á celebración do Día Internacional contra a violencia hacia a muller. Para iso, traballamos o tema no Colexio, elaboramos diferentes traballos que se expoñerán no Centro Cívico e acudimos á concentración convocada no barrio. Deixamos aquí un pequeno resumo deste acto.

25 N CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA de CEIP Fernández Latorre 

Se desexades coñecer algúns libros relacionados con este tema, picade na seguinte ligazón: LECTURAS POLA IGUALDADE.

xoves, 24 de novembro de 2022

25 N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

 Un ano máis, dende a Biblioteca, queremos sumarnos a dicir neste día,  de forma especial, 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO !

 

E deixámosvos tamén agora unha presentación de traballos do alumnado, que forman parte dunha exposición no Centro Cívico do barrio sobre "A igualdade e a convivencia" a partires dun concurso convocado pola plataforma PICUS (plataforma pola igualdade e a convivencia) da que tamén forma parte o colexio. 

Se queredes ver a entrada na web do Centro, premede AQUÍ.

 

Nas seguintes ligazóns podedes acceder a outros recursos:

EN NOVEMBRO, LECTURAS POLA IGUALDADE

LENDO EN IGUALDADE