Hai xa máis de 20 anos que a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil propuxo a celebración deste día. A
sí, o 24 de outubro aparece como data sinalada no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos publica a Xunta de Galicia.
sí, o 24 de outubro aparece como data sinalada no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos publica a Xunta de Galicia.
O Ministerio de Cultura edita todos os anos un pregón e un cartel conmemorativo e propón actividades para a súa celebración.
Para celebrar este
día, a Consellería de Educación edita tamén cada ano un cartel cun lema
para dar a coñecer as numerosas e variadas oportunidades que ofrece
unha biblioteca escolar activa. O cartel deste ano é obra da ilustradora
Nuria Díaz; unha imaxe fermosísima na que o lema "Poéticas Diversas na
Biblioteca Escolar" anímanos a descubrir ese mundo da poesía que se
agocha en numerosos lugares, moitos máis dos que nos veñen á cabeza nun
primeiro momento. A poesía envolve ao mundo e é tan diversa coma el.
Bo día da Biblioteca!

Ningún comentario:
Publicar un comentario