Un ano máis, aproveitamos a celebración do Día da Biblioteca para poñer en marcha as 38 mochilas do noso Centro.
Mochilas cargadas de ilusión, novidades para compartir toda a familia.
Boa andaina!
Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario