Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Etiquetas
- 25 N
- ADIVIÑAS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- ANIMACIÓNS
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA MUNICIPAL
- CARTEIS
- CELEBRACIÓNS
- CÓMIC
- CONTACONTOS
- CONTOS COMPARTIDOS
- CONTOS EN FAMILIA
- CREACIÓNS
- DÍA DA BIBLIOTECA
- DÍA DA MULLER
- DÍA DA PAZ
- DÍA DA POESÍA
- DÍA DE ROSALÍA
- DÍA DO CONTO
- DÍA DO LIBRO
- DIVERSIDADE
- ENQUISAS
- ENTREVISTAS
- ENTROIDO
- GUÍAS
- HORA DE LER
- IGUALDADE
- LER NA REDE
- LETRAS GALEGAS
- MAGOSTO
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- MULLER NA CIENCIA
- NOVIDADES
- O PAPAGAIO
- POESÍA
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS
- SAÍDAS
- SAMAÍN
- TEATRO
- TIC - TAC
- VIDEOCONTOS
- VIDEOCUENTOS
- VÍDEOS
- VISITA AUTORES/AS
- XÉNERO
- XOGOS
venres, 12 de abril de 2024
venres, 21 de abril de 2023
O VAMPIRO RAMIRO
O xoves 20 de abril, achegándonos ao Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a, tivemos unha animación lectora no cole que resultou estupenda.
A autora e a ilustradora do libro "O vampiro Ramiro" compartiron con nós esa historia e mesmo nos axudaron a converternos a "ilustrar o noso propio vampiro".
Foi xenial!
Moitísimas grazas!
venres, 27 de xaneiro de 2023
CONTOS DO MUNDO. GUATEMALA
Hoxe, 26 de xaneiro, xa moi preto do Día da Paz, tivemos unha sorpresa no cole!
María, unha rapaza da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, falounos dun país de Centroamérica chamado Guatemala. Un país no que non hai tanta riqueza coma aquí, pero que ten cousas marabillosas.
Aquí tedes unha presentación desta actividade.
Dámoslle as grazas a María por axudarnos a coñecer mellor ese país e por ensinarnos a mirar o mundo de outra forma.
venres, 6 de maio de 2022
A XANELA DO MAXÍN: "TOUPICIENCIA"
O venres, 6 de maio, a gran científica "Toupiña" co seu axudante "Protonio" viñeron ao colexio e demostráronnos con experimentos sinxelos que a ciencia é moi divertida e interesante.
xoves, 7 de abril de 2022
VISITA DE PACO NOGUEIRAS
EN ABRIL...
CONTOS MIL!!!
Esta semana visitounos o actor, músico e narrador Paco Nogueiras.
O alumnado de laciño azul e laciño vermello disfrutou das historias contadas e cantadas por este excelente narrador e acompañadas, como sempre, da melodía do seu acordeón.
Os contos escollidos para esta sesión foron: ANIMAIS, RATOS NA ESCOLA, ELMER, E QUEN É ESE BECHO?