Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de marzo de 2024

MARZO, MES DE MULLERES

Poñemos aquí unha serie de recursos e actividades para este mes de marzo, no que o día 8 se celebra o Día Internacional da Muller. 

Remexede por cada unha das interactividades e seguro que descubriredes mulleres moi interesantes.

martes, 7 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER 2023

Para celebrar este 8 de marzo, Día da Muller, deixamos aquí unha pequena recompilación de cancións nas que a muller é a protagonista.
Aquí tedes tamén outros recursos de anos anteriores actualizados:

venres, 11 de marzo de 2022

AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS. 8 DE MARZO 2022

Aquí tedes o resultado de construído con todas as fotos que enviaron as familias para colaborar nesta actividade de recoñecemento ás mulleres significativas da nosa vida, da nosa historia.  
A música é de Ses, interpretando "E ti, só ti", do grupo  El Diluvi.
 

luns, 28 de febreiro de 2022

MARZO, CON "M" DE MULLER

Neste mes de marzo, mes no que se celebra o Día da Muller, queremos ir enchendo este almanaque con libros nos que as mulleres sexan protagonistas ou autoras. 
Podedes achegarnos as vosas suxestións ao noso correo. Esperámosvos para completalo entre todos e todas. 
Graciñas.

xoves, 4 de marzo de 2021

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano, para celebrar o Día Internacional da Muller, propoñémosvos que elixades algunha muller e traballedes un pouco a súa vida . Nesta ocasión, contaremos con mulleres relacionadas coa ciencia. 

Remexede, investigade, e lembrade que hai moito que dicir  "con M de Muller".

Na primeira páxina, co seu nome de cor malva,  están as que teñen vídeos para o alumnado máis noviño.

Deixámosvos tamén uns vídeos que teñen que ver con este Día Internacional da Muller.

Por último, se desexades, podedes intentar descubrir de quen falamos na seguinte actividade, coas pistas que damos. Ánimo!