Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Etiquetas
- 25 N
- ADIVIÑAS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- ANIMACIÓNS
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA MUNICIPAL
- CARTEIS
- CELEBRACIÓNS
- CÓMIC
- CONTACONTOS
- CONTOS COMPARTIDOS
- CONTOS EN FAMILIA
- CREACIÓNS
- DÍA DA BIBLIOTECA
- DÍA DA MULLER
- DÍA DA PAZ
- DÍA DA POESÍA
- DÍA DE ROSALÍA
- DÍA DO CONTO
- DÍA DO LIBRO
- DIVERSIDADE
- ENQUISAS
- ENTREVISTAS
- ENTROIDO
- GUÍAS
- HORA DE LER
- IGUALDADE
- LER NA REDE
- LETRAS GALEGAS
- MAGOSTO
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- MULLER NA CIENCIA
- NOVIDADES
- O PAPAGAIO
- POESÍA
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS
- SAÍDAS
- SAMAÍN
- TEATRO
- TIC - TAC
- VIDEOCONTOS
- VIDEOCUENTOS
- VÍDEOS
- VISITA AUTORES/AS
- XÉNERO
- XOGOS
luns, 22 de xaneiro de 2024
venres, 27 de xaneiro de 2023
CONTOS DO MUNDO. GUATEMALA
Hoxe, 26 de xaneiro, xa moi preto do Día da Paz, tivemos unha sorpresa no cole!
María, unha rapaza da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, falounos dun país de Centroamérica chamado Guatemala. Un país no que non hai tanta riqueza coma aquí, pero que ten cousas marabillosas.
Aquí tedes unha presentación desta actividade.
Dámoslle as grazas a María por axudarnos a coñecer mellor ese país e por ensinarnos a mirar o mundo de outra forma.
luns, 24 de xaneiro de 2022
GRÚAS POLA PAZ 2022
Este ano, a partires da proposta de 6º de Primaria, traballamos a historia de Sadako e as grúas de papel. Convidamos ás familias a participar enchendo o cole de grúas.
O resultado superou todas as nosas expectativas. Moitas grazas!
sábado, 30 de xaneiro de 2021
DÍA DA PAZ NO COLE
Este ano cada un dos diferentes grupos do colexio traballou a figura dunha persoa importante para a PAZ. Despois elaborouse un vídeo que podedes ver tamén na páxina principal do Centro.
O alumnado fixo tamén chapas para a paz que o venres 29 levou para a súa casa.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgún dos traballos.