Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Etiquetas
- 25 N
- ADIVIÑAS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- ANIMACIÓNS
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA MUNICIPAL
- CARTEIS
- CELEBRACIÓNS
- CÓMIC
- CONTACONTOS
- CONTOS COMPARTIDOS
- CONTOS EN FAMILIA
- CREACIÓNS
- DÍA DA BIBLIOTECA
- DÍA DA MULLER
- DÍA DA PAZ
- DÍA DA POESÍA
- DÍA DE ROSALÍA
- DÍA DO CONTO
- DÍA DO LIBRO
- DIVERSIDADE
- ENQUISAS
- ENTREVISTAS
- ENTROIDO
- GUÍAS
- HORA DE LER
- IGUALDADE
- LER NA REDE
- LETRAS GALEGAS
- MAGOSTO
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- MULLER NA CIENCIA
- NOVIDADES
- O PAPAGAIO
- POESÍA
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS
- SAÍDAS
- SAMAÍN
- TEATRO
- TIC - TAC
- VIDEOCONTOS
- VIDEOCUENTOS
- VÍDEOS
- VISITA AUTORES/AS
- XÉNERO
- XOGOS
xoves, 18 de decembro de 2025
Recomendacións para este Nadal
venres, 20 de decembro de 2024
mércores, 20 de decembro de 2023
RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL 2023
Aproveitade estes días de lecer para desfrutar da lectura, ese mundo con posibilidades infinitas que te agarda só abrindo un libro.
Poñéndote sobre cada estrela que parpadea, poderás ir á páxina que prefiras. Alí, preme sobre cada título e atoparás máis información.
Moi Bo e Lector Nadal!
luns, 19 de decembro de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022
Chega o tempo de Nadal, tempo de vacacións que podemos aproveitar lendo o que pidamos a Papá Noel ou aos Reis.
Moi Boas Festas!
Se queredes saber máis de cada libro, picade nas estrelas para ir ao tramo lector que desexedes e despois sobre cada imaxe para atopar a información.venres, 24 de decembro de 2021
luns, 25 de outubro de 2021
NO SAMAÍN, AVENTURAS SEN FIN!
Chegou o tempo de Samaín: tempo de bruxas, trasnos, fantasmas,... tempo de monstros, nunha palabra.
Para que goces del e o pases "de medo", aquí tes un sinxelo xogo e unhas recomendacións lectoras.
Feliz e monstroso Samaín!!
Atréveste a vivir unha terrorífica aventura? Pois empeza a xogar!
E se queres, mergúllate nas seguintes presentacións. Seguro que atoparás algo que te poñerá "os pelos de punta".
En galego:
En castelán:
mércores, 23 de xuño de 2021
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Dende a Biblioteca do Castrillón achégannos esta estupenda guías de lecturas para o verán. Hai libros para todas as idades. Mirádea ben e xa veredes como atopades verdadeiros tesouros.
Grazas, compis da Biblioteca do Castrillón.
xoves, 17 de decembro de 2020
GUÍA LECTURA NADAL 2020
Que non podemos reunirnos máis de seis? Dende logo iso non é para a lectura, porque nos libros podemos atoparnos con miles e miles de personaxes e situacións. Podemos vivir mil e unha aventuras e viaxar a múltiples lugares sen peches perimetrais nin nada. Hai moito, moito para elixir.
Aquí temos unha pequena guía por se vos pode axudar, así que, neste Nadal, aproveitemos os días para gozar coa lectura.
E pedídelles tamén algún libro a Papá Noel ou aos Reis Magos, porque todos son excelentes lectores.
Moi Bo e lector Nadal!
Tríptico alumnado
