Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de abril de 2025

ABRIL: OS LIBROS DAN PARA MOITO!

E un ano máis chegou o mes de abril, no que os libros son os grandes protagonistas.

Aquí están recollidas actividades que propuxemos dende a nosa biblioteca e que iremos actualizando cada día. Dámosvos as grazas pola vosa colaboración.

Remexede na presentación porque...

...OS LIBROS DAN PARA MOITO!

domingo, 20 de abril de 2025

ABRIL 2025: NO MES DOS LIBROS, LIBROS QUE FALAN DE LIBROS

Neste mes de abril, queremos render homenaxe aos libros. Por iso, elaboramos un almanaque no que, en cada día, hai agochado un título que ten que ver cos libros e/ou coa lectura. 
Feliz e lector mes dos libros!

sábado, 19 de abril de 2025

UN MURO DE LIBROS

 Estamos no mes dos libros por excelencia: Abril, que empeza co Día do Libro Infantil e Xuvenil e vai rematando co Día Internacional do Libro.

Animámosvos a compartir connosco un momento de lectura para dar visibilidade á maxia que se crea cando se abre un libro e nos mergullamos nel.

Premede no signo máis que aparece no muro do Padlet e subide a vosa foto (de nenos, nenas ou persoas adultas) lendo. Se é posible poñede enriba o voso nome e debaixo, o título do libro. A ver se entre todos e todas enchemos isto de libros.

Graciñas e Feliz Mes dos Libros!

 

Hecho con Padlet

martes, 16 de abril de 2024

EN ABRIL, MES DOS LIBROS, LEMOS E RECOMENDAMOS:

Un ano máis, neste mes de abril, queremos ter presente de xeito especial a lectura. Por iso, pedímosvos encher este muro con cubertas de libros dicíndonos o título, autor/a, lector/a e escribindo a vosa recomendación. Por suposto, pode ser en calquera idioma!

Animamos ao alumnado e ás familias. Só tedes que picar no símbolo + e seguir as instruccións.

Enchamos o mundo de lecturas!

 

No Día do Libro saímos ler á Praza de Pablo Iglesias e aproveitamos para entregar un marcapáxinas ás persoas que pasaban pola rúa, aos establecementos próximos, Biblioteca Municipal, etc.

Foi unha experiencia estupenda!

DÍA DO LIBRO 2024 de CEIP Fernández Latorre

martes, 25 de abril de 2023

EN ABRIL, CONTA QUE TE CONTA

Aquí tedes unha pequena mostra das lecturas que  diferentes grupos de alumnos e alumnas a outros compañeiros e compañeiras do cole. 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

EN ABRIL: CONTA QUE TE CONTA de Dolores

domingo, 23 de abril de 2023

ACEPTAMOS O RETO DE ABRIL

O noso reto é que envíes unha foto simpática para publicar durante este mes.

Aquí empezaremos a poñer as que van chegando.

23 de abril: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Picando na imaxe, poderedes acceder á entrada que no Blog das Bibliotecas Escolares hai con motivo desta data. 


 

 

domingo, 2 de abril de 2023

NESTE MES DE ABRIL TEMOS UN RETO PARA TI

 Todos e todas sabemos que o mes de abril é o "mes dos libros".

Ler é moi, moi divertido e entretido, e para demostralo, propoñémoste a seguinte actividade:

Retámosvos a que enviedes unha foto divertida e orixinal vosa (ou de calquera da familia, amizade, etc.) cun libro.

Pode ser de calquera tipo; deixade voar a imaxinación, mergulládevos nalgún libro e xa veredes que foto marabillosa conseguides.

As fotos debedes mandalas ao correo da biblioteca do cole:

osonosnagaiola@gmail.com

Irémolas publicando ao longo de todo o mes de abril na web do cole.

Tedes todo o mes  facelo, así que:

Adiante!

ABRIL 2023 de Dolores

sábado, 23 de abril de 2022

CHEGOU O DÍA DO LIBRO E CON EL...

Para celebrar o Día do Libro,  no cole desenvolvéronse diferentes actividades: 

CREACIÓN DE CONTOS:

                

 

CONTACONTOS DE ALUMNADO DE 5º:

Graciñas!

HEICHE DE CONTAR UN CONTO... de Dolores