Amosando publicacións coa etiqueta CELEBRACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CELEBRACIÓNS. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de marzo de 2021

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano, para celebrar o Día Internacional da Muller, propoñémosvos que elixades algunha muller e traballedes un pouco a súa vida . Nesta ocasión, contaremos con mulleres relacionadas coa ciencia. 

Remexede, investigade, e lembrade que hai moito que dicir  "con M de Muller".

Na primeira páxina, co seu nome de cor malva,  están as que teñen vídeos para o alumnado máis noviño.

Deixámosvos tamén uns vídeos que teñen que ver con este Día Internacional da Muller.

Por último, se desexades, podedes intentar descubrir de quen falamos na seguinte actividade, coas pistas que damos. Ánimo!

domingo, 21 de febreiro de 2021

21 de febreiro: Día da Lingua Materna

Dende o ano 2000 a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o DÍA DA LINGUA MATERNA. Este ano, a REAL ACADEMIA GALEGA quere unirse a esta celebración compartindo o relato de Valentín Arias, titulado "Xeliña fala galego", no que narra a experiencia da súa filla, Xela Arias (a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas) como nena criada en galego.

Deixamos aquí a ligazón para acceder ao relato.

"XELIÑA FALA GALEGO"

sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ NO COLE

Este ano cada un dos diferentes grupos do colexio traballou a figura dunha persoa importante para a PAZ. Despois elaborouse un vídeo que podedes ver tamén na páxina principal do Centro.

O alumnado fixo tamén chapas para a paz que o venres 29 levou para a súa casa.

Aquí tedes unha pequena mostra dalgún dos traballos.

 

mércores, 20 de novembro de 2019

POLA IGUALDADE

 O 25 de novembro nós tamén quixemos sumarnos a recordar o Día contra a Violencia de Xénero. Para iso enchemos un panel con "novas" positivas nas que homes e mulleres traballan en conxunto e son valorados por igual.

Tamén compuxemos un mural no que en dúas mans fomos escribindo accións e/ou actitudes ás que dicimos SI! porque favorecen a igualdade e outras ás que dicimos NON! por ser sexistas ou violentas.