Amosando publicacións coa etiqueta VIDEOCONTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIDEOCONTOS. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de maio de 2024

O CÍRCULO DE MIRÓ QUERE SER ESQUELETO

 Neste Día das Letras Galegas, tamén queremos aportar este traballo que realizamos a partir do libro de Violeta Monreal "El círculo de Miró quiere ser esqueleto". 

Nas aulas de 4 anos traballárono e despois pensamos que sería estupendo traducilo ao galego.

Pedímoslle permiso á súa autora para utilizar as súas ilustracións e o seu texto e ela, xenerosamente, déunolo.

Aquí temos o resultado! Faltan algúns detalliños (algún neno/a por gravar), pero aquí está, neste Día das Letras, unha aportación máis á nosa lingua.

Grazas a todos e todas que o fixestes posible! Grazas, Violeta!

luns, 23 de novembro de 2020

LENDO EN IGUALDADE

Con motivo da celebración do 25 de Novembro como Día contra a Violencia de Xénero, aquí deixamos unha lecturas que poden axudarnos a entender que é iso da igualdade de xénero.

 

luns, 26 de outubro de 2020

CONTACONTOS DE MEDO EN FAMILIA

 Un ano máis aquí está esta "terrorífica actividade" que se organiza no colexio desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Quen dixo medo?!


 

martes, 20 de outubro de 2020

CONTADOS EN GALEGO

 Aquí tedes uns contiños en vídeo. Esperamos que vos gusten e vos axuden a pasar un tempo divertido.

mércores, 22 de abril de 2020

O MOUCHO ABURRIDO

A xenial Paula Carballeira deléitanos contando un conto titulado "O moucho aburrido". Aquí o tedes para que gocedes con ela.

luns, 30 de marzo de 2020

´CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE

Biblos Clube de Lectura propón a lectura dun conto despois de rematar cos aplausos a todas as persoas que están axudando de maneira máis directa neste momento de coronavirus. Como os aplausos son ás oito, ofrécennos "contos para despois das oito e vinte" para que nos dea tempo a ter rematado de aplaudir, lavar as mans e sentarnos a escoitar unha historia para despois cear tranquilos e tranquilas.

Aquí iremos poñendo todos os que conten.

Dámoslles as grazas polo seu esforzo en achegarnos a lectura.

Pica no conto que queiras. E pasa de páxina premendo na frecha da dereita. E, se queres pantalla completa pica nos tres puntiños que hai na parte inferior dereita e dálle á dobre frecha.

 

mércores, 25 de marzo de 2020

CONTO DE BRUNO E A SÚA NAI: "O APALPADOR"

Tempo de quedar na casa, pero non de esquecer a lectura. Mirade que conto nos contan Bruno, de 1º A de Primaria e a súa nai. Xa que non puideron vir contalo á escola, cóntanolo desde a casa. Graciñas e parabéns pola lectura.