sábado, 20 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 O vindeiro 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, lembrando a nosa escritora. E sabedes por que é ese día? Pois porque ela naceu un 24 de febreiro, así que, o que facemos é celebrar o seu aniversario e recoñecer a importancia que Rosalía tivo e ten para a nosa lingua.

Aquí tedes diferentes recursos para coñecela un pouco máis e coñecer a súa obra.

Moitos artistas decidiron poñer música a poemas de Rosalía. Podedes ver o resultado premendo nas seguintes ligazóns: - MEU AMOR, MEU AMORIÑO (EVOEH) - NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN (DE VACAS-REXURDIMENTE)
Libro do alumnado de 4 anos A. Libro realizado por alumnado de 4 anos B Libro do alumnado de 4 anos C

Homenaxeamos a Rosalía de Castro cun agasallo moi especial: 24 rosas cos seus poemas das 24 aulas do noso centro, para recordar hoxe, 24 de febreiro, a esta escritora que tanto fixo pola nosa Lingua.

 FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario