martes, 29 de marzo de 2022

BENXAMÍN, UN CONTACONTOS XENIAL!

Hoxe, 29 de marzo, tivemos unha gran sopresa: un estupendo contacontos na aula.

Benxamín, co lobo, un cabuxiño, porquiños e unha compañeira, contounos unha historia marabillosa e moi divertida.

Ademais foi debuxando a todos os personaxes. Foi incrible escoitalo e ver con que facilidade debuxaba. Un verdadeiro artista!

Se queredes ver un resumo da actividade, aquí tedes este vídeo.

Moitas grazas, Benxamín!

Ningún comentario:

Publicar un comentario