Celebramos o día das Letras Galegas con diferentes propostas educativas para o noso alumnado:
- Cintas de cores con mensaxes a prol da Lingua Galega e cos versos de Florencio Delgado Gurriarán.
Como ben di Fina Casalderrey no vídeo adxunto, Florencio escribía notas de amor a Galicia en papeliños nos que se amosa un poeta namorado da súa terra no exilio mexicano.
Por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega lanzamos a proposta de escribir en cintas de cores mensaxes a prol da lingua galega e versos deste poeta, proposta á cal se sumaron a Escola Infantil Carricanta, a Asociación de Veciños IAR e a Biblioteca Municipal e o Centro Cívico do Castrillón.
Que colorido e alegre está o noso cole e o noso barrio!!! Sementando Galego!!!
- Xogos de corda coa poesía “Domadora de Serpes” de Florencio Delgado (Poesía musicada polo noso mestre de música Antonio Mandiá).
- En Educación Infantil celebramos tamén a Festa dos Maios.
Bailamos e cantamos ao redor dos Maios coa fermosa poesía “Aí vén o Maio” de Florencio Delgado Gurriarán.
Representamos dous tipos de Maios:
O maio tradicional, elaborado polo alumnado de 5 anos con fiúncho, xestas e moitas flores e o maio artístico, feito polo alumnado de 4 anos con elementos de refugallo (tapóns de plástico, rolos de papel hixiénico e caixas de ovos).
- Entrega de premios ao alumnado que participou na actividade de Contos Compartidos en familia. Parabéns!!!
CONTACONTOS EN FAMILIA na escola. Grazas familias por tanta colaboración!!!
Agasallamos ao alumnado co marcapáxinas do Seminario Galán personalizado co noso mural de Rosalía de Castro, feito por todo o alumnado do centro, posto que a pegada rosaliana arrinca en Florencio nas súas lecturas xuvenís.
E un adianto da revista da nosa escola:
- Coñecendo contos en galego:
Que pasedes un feliz Día das Letras Galegas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario