venres, 24 de marzo de 2023

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Recibimos con gran sorpresa unha carta de Paco Nogueiras; quería vir a nosa escola!!!

IMG-3924

Por fin chegou o xoves 23 de Marzo e puidemos desfrutar desta visita tan estupenda. Con moita ledicia recibimos a visita de Paco Nogueiras que trouxo a súa maleta chea de contos e música. 

Paco foi acollido polo noso alumado con debuxiños sorpresa que tiñamos del. Dixo que nunca tan guapo se virá...ja,ja.

Moitas grazas Paco por facernos desfrutar dos contos e da música desta maneira tan divertida!!! Os nosos laciños verdes e amarelos pasárono xenial!!!

Ese mesmo día tivemos a sorte de que Alexander (mestre intérprete de inglés en Primaria) viñese a nosa aula a contarnos contos en inglés relacionados coa temática da primavera. Grazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario