luns, 8 de maio de 2023

PAPÁ CANÍBAL

 O 4 de maio  Antonio M. Fraga, autor dun interesante, divertido e terrorífico libro titulado "Papá caníbal" visitou o noso cole e tivo un encontro co alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Contou moitas cousas sobre como escribir un libro, o que hai que ter en conta e que é un traballo laborioso, que non se fai dun día para outro. 

Antonio explicou en que se inspirara para escribilo e porqué deixaba o final aberto á nosa imaxinación.

 Foi estupendo!

 

O libro gustous moito e aquí podedes comprobalo.

 

Deixou tamén a súa dedicatoria no noso libro de visitas. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario