venres, 16 de maio de 2025

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2025

 Este ano as Letras Galegas recoñecen a importancia das cantareiras e das poesías de tradición oral na nosa cultura e na supervivencia da lingua. Aquí tedes diferentes recursos para coñecer, traballar e participar na súa celebración. Tamén atoparedes actividades que realizamos no Centro para concienciar a toda a Comunidade Educativa e ao barrio da importancia desta data e da identidade como pobo cunha cultura propia.

xoves, 15 de maio de 2025

NÓS TAMÉN CANTAMOS

 Para homenaxear ás cantareiras, decidimos buscar cancións da tradición oral da nosa terra, ilustralas e interpretalas. 

Aquí tedes o resultado. Cada cantiga ten un código qr que conduce a esa interpretación.

Feliz Día das Letras Galegas!

domingo, 11 de maio de 2025

Recursos Seminario Galán Letras Galegas

 - Seminario Galán: Actividades interactivas, en formato genially, así como recursos en PDF, carteis, exposición e cuestionario, dípticos, marcapáxinas, biografías, escolma de cantigas, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  documentais... recursos  que poden facilitar ao centro a celebración do Día das Letras Galegas.

martes, 22 de abril de 2025

ABRIL: OS LIBROS DAN PARA MOITO!

E un ano máis chegou o mes de abril, no que os libros son os grandes protagonistas.

Aquí están recollidas actividades que propuxemos dende a nosa biblioteca e que iremos actualizando cada día. Dámosvos as grazas pola vosa colaboración.

Remexede na presentación porque...

...OS LIBROS DAN PARA MOITO!

domingo, 20 de abril de 2025

ABRIL 2025: NO MES DOS LIBROS, LIBROS QUE FALAN DE LIBROS

Neste mes de abril, queremos render homenaxe aos libros. Por iso, elaboramos un almanaque no que, en cada día, hai agochado un título que ten que ver cos libros e/ou coa lectura. 
Feliz e lector mes dos libros!

sábado, 19 de abril de 2025

UN MURO DE LIBROS

 Estamos no mes dos libros por excelencia: Abril, que empeza co Día do Libro Infantil e Xuvenil e vai rematando co Día Internacional do Libro.

Animámosvos a compartir connosco un momento de lectura para dar visibilidade á maxia que se crea cando se abre un libro e nos mergullamos nel.

Premede no signo máis que aparece no muro do Padlet e subide a vosa foto (de nenos, nenas ou persoas adultas) lendo. Se é posible poñede enriba o voso nome e debaixo, o título do libro. A ver se entre todos e todas enchemos isto de libros.

Graciñas e Feliz Mes dos Libros!

 

Hecho con Padlet

luns, 10 de febreiro de 2025

11 FEBREIRO. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Con motivo da celebración do Día de Muller e a Nena na Ciencia, deixamos aquí esta presentación realizando aproveitando recursos doutros anos e engadindo novas mulleres científicas.

luns, 25 de novembro de 2024

POLA IGUALDADE SEN VIOLENCIA

Un ano máis non quixemos deixar de pasar este tempo sen traballar pola igualdade de xénero.
E, como non pode ser de maneira illada, fixémolo coordinándonos con outras entidades, saíndo ao barrio para expoñer a nosa postura ante a desigualdade e a violencia. 
Aquí tedes un resumo do desenvolvido.

25 N POLA IGUALDADE E A NON VIOLENCIA de CEIP Fernández Latorre

mércores, 20 de novembro de 2024

25 N "POLA IGUALDADE SEN VIOLENCIA"

A partires do libro "Artur e Clementina", de Adela Turín iremos realizando diferentes traballos sobre o maltrato e a violencia de xénero.