sábado, 19 de abril de 2025

UN MURO DE LIBROS

 Estamos no mes dos libros por excelencia: Abril, que empeza co Día do Libro Infantil e Xuvenil e vai rematando co Día Internacional do Libro.

Animámosvos a compartir connosco un momento de lectura para dar visibilidade á maxia que se crea cando se abre un libro e nos mergullamos nel.

Premede no signo máis que aparece no muro do Padlet e subide a vosa foto (de nenos, nenas ou persoas adultas) lendo. Se é posible poñede enriba o voso nome e debaixo, o título do libro. A ver se entre todos e todas enchemos isto de libros.

Graciñas e Feliz Mes dos Libros!

 

Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario