Neste mes de abril, queremos render homenaxe aos libros. Por iso, elaboramos un almanaque no que, en cada día, hai agochado un título que ten que ver cos libros e/ou coa lectura.
Feliz e lector mes dos libros!
Somos a Biblioteca Escolar do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). O nome da nosa Biblioteca é o título dun libro do gran Manuel María. Con el entramos nun mundo cheo de soños. Soños ilimitados, como os recursos que nas Bibliotecas podemos atopar. Unhas gaiolas sen barrotes, abertas, que agochan moito máis do que podemos imaxinar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario